Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE TRASMIRAS

30 Xan 2023

É para o posto de traballador/a social

O concello de Trasmiras fai público no BOP do sábado 28 de xaneiro que, por resolución da alcaldía do 25 de xaneiro de 2023, aprobáronse as bases reguladoras para a constitución dunha bolsa de emprego de traballador/a social, persoal laboral temporal, para os efectos de cubrir necesidades transitorias que requiran puntualmente a contratación de persoal laboral para realizar substitucións por ausencias de persoal, incapacidade laboral transitoria, permisos ou licenzas.

- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.

- Xornada: segundo as necesidades do servizo.

- Servizo: Servizos Sociais, traballador/a social.

- Sistema de selección: concurso.

- Duración do contrato: segundo a necesidade de contratación

- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 h, ou polas outras formas que establece a Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Trasmiras, situado nas oficinas municipais, e na sede electrónica. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello de Trasmiras.

Volver