Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

MANIFESTACIÓN NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA GALEGA O DOMINGO 9 DE FEBREIRO EN COMPOSTELA

13 Xan 2020

Non á privatización da Sanidade Pública

A CIG fai un chamamento á participación na MANIFESTACIÓN convocada para o vindeiro DOMINGO 9 DE FEBREIRO ÁS 12 HORAS DESDE A ALAMEDA DE COMPOSTELA na defensa da Sanidade Pública Galega.

Haberá bus desde Verín

Non permitas do desmantelamento do Hospital de Verín!!!!!

A continuación vai o comunicado de SOS Sanidade Pública

A política sanitaria da Xunta de Galicia, presidida por Feijoo, baseada nos recortes de recursos, o desmantelamento de hospitais comarcais, o abandono dos Centros de Atención Primaria, a ocultación e manipulación das listas de espera, a precarización e explotación do persoal e a privatización, esta levando a sanidade pública a un punto de difícil retorno se non a paramos entre todas e todos.

As protestas da Atención Primaria, o levantamento da poboación de Verín contra o peche do paridorio do seu hospital, as protestas de nais e pais contra a falta de pediatras, son algunhas das manifestacións do malestar cidadán e profesional fronte a esta crise sanitaria.

Chegou o momento de concentrar os esforzos de toda a cidadanía e colectivos sociais e profesionais, por encima das lóxicas e lexítimas diferenzas, nunha gran manifestación de defensa da sanidade publica galega e contra o seu deterioro e privatización.

Por iso a Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha gran manifestación na Alameda de Santiago que percorrerá as principais rúas da cidade ata a praza da Quintana.

 

 

Volver