Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

INFORMACIÓN SOBRE A RECUPERACIÓN DA PAGA EXTRA DE NADAL 2012 DIRIXIDA AO PERSOAL DA XUNTA DE GALIZA

13 Mai 2015

No DOG Número 89, mércores, 13 de maio do 2015 publícase o procedimento a seguir pra recuperación da paga extra

No DOG Número 89, mércores, 13 de maio do 2015 na sección de ANUNCIOS publícase o procedemento pra aplicar o disposto na disposición transitoria décimo segunda da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, en relación coa recuperación dos importes deixados de percibir como consecuencia da supresión da paga extraordinaria, así como da paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais equivalentes, correspondentes ao mes de decembro de 2012.

Os importes correspondentes aos empregados públicos que sigan en activo serán aboados de oficio pola consellaría, organismo autónomo ou entidade a través da cal perciba as súas retribucións no mes de maio.

Os correspondentes aos empregados públicos que non se atopen en activo o primeiro día do mes de maio de 2015 serán aboadas logo de presentar unha solicitude por parte dos interesados/as.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150513/AnuncioCA01-120515-0001_gl.pdf

Volver