Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DE MULHER TRABALHADORA. CONCENTRACIÓN EN VERÍN

28 Feb 2019

Será na praza do concelho ás 12:30

A CIG fai un chamamento a participar na concentración convocada para o vindeiro venres 8 de marzo, Día Internacional da Mulher Trabalhadora, na praza do concelho de Verín ás 12:30 horas. Pra ise mesmo día tamén está convocada unha xornada de 24 horas de folga.

Desde a CIG chamamos ás estudantes, xubiladas, desempregadas e asalariadas da comarca de Monterrei e A Limia a secundar este 8 de Marzo a folga de mulleres de 24 horas para denunciar as discriminacións e o machismo que sufrimos, mais tamén para desmontar e denunciar a hipocrisía e a falsidade coa que se trata a problemática específica das mulheres tanto por parte da patronal como por parte do poder político e do sistema.

POR TODAS AS MULHERES, POR TODOS OS DEREITOS, PARTICIPA!!!

Volver