Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

8 DE MARZO. ACODE AS CONCENTRACIÓNS DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

05 Mar 2018

Celebraranse en Ourense, Verín e O Barco

A CIG fai un chamamento á participación nas concentracións que se celebrarán en Ourense, Verín e O Barco no día intenacional da muller traballadora. En Ourense será ás 12:30 na Praza Maior, en Verín ás 12 horas na Praza do Concello e no Barco ás 20 horas na Praza do Concello.

A CIG convoca folga no marco do PARO INTERNACIONAL DE MULLERES que o 8 de marzo secundarán máis de 50 países, para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia. A CIG fai un chamamento a secundar este paro de mulleres para seguir reivindicando neste 8 de Marzo que queda moito por facer pola igualdade e por visualizar a contribución de todas as mulleres ao mundo. Paramos porque non podemos seguir aturando tanta discriminación e violencia. Porque hai que concienciar do traballo que fan as mulleres. Que o noso papel na sociedade non é subsidiario. Que somos a metade de Galiza, a metade do mundo. Imos demostrar que o mundo non xira igual se paramos as mulleres. Sóbrannos razóns para ir á folga. Rexistramos a convocatoria de paros parciais en cada unha das quendas durante o vindeiro 8 de Marzo, dando cobertura legal a todas as traballadoras galegas de todos os sectores produtivos e de todos os centros de traballo, para participarmos neste día de protesta, reivindicación e mobilización: folga no traballo asalariado, folga de consumo, folga de brazos cruzados nas tarefas de coidado, boicot ás empresas con  publicidade ou reclamo sexista, e a mobilizarse canda nós este 8 de Marzo, coas feministas, coas sindicalistas, participando de xeito activo na xornada. Facemos un chamamento a que, nun momento dado do día, as mulleres deixemos o que estamos a facer e PAREMOS para que entendan que non imos permitir máis ataques aos nosos dereitos. Visibilizaremos o traballo achegado polas mulleres nun día normal para o seu recoñecemento. Marcharemos XUNTAS en mobilización amosando o poder da nosa UNIDADE.

Volver