Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

5 PRAZAS TEMPORAIS NO CONCELLO DE CARTELLE

30 Mai 2018

Formarán a brigada de prevención e extinción de incendios 2018

O concello de Cartelle fai pública no BOP do 30 de maio a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e extinción de incendios 2018 (convenio de colaboración coa consellería do medio rural e do mar), para un/ha xefe/a de brigada, un/ha pión condutor e 3 pións. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato será de 3 meses e para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais e o prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación do edicto no BOP.

Volver