Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

1000 PERSOAS RECLAMAN O MANTEMENTO DO PARTIDO XUDICIAL DE XINZO DE LIMIA

10 Xul 2014

Éxitosa manifestación a celebrada polas rúas de Xinzo de Limia, malia a irresponsabilidade política dos Alcaldes do Partido Popular

Umha nova mobilización, desta volta en Xinzo de Limia, demostra que a acción do goberno do Partido Popular, privilexiando económicamente a certos colectivos con privatizacións contra os dereitos da maioría social, é rexeitada e, en consecuencia, torna inválida pra gobernar a toda a sociedade.

Sobre 1000 persoas maniféstaronse iste serán na vila de Xinzo de Limia reclamando xustiza, no mais amplo sentido do termo, e dando umha lección de comportamento democrático a uns Alcaldes do Partido Popluar afeitos a manexar o entramado social con manhas mais proprias do século XIX que do ano no que andamos.

Parabéns a todos os manifestantes e a todas as organizacións que conforman a Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo de Limia.

 

Volver