Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

1ª REUNIÓN DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO PARTIDO XUDICIAL DE XINZO DE LIMIA

23 Abr 2014

Día 23 de Abril, ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Xinzo de Limia

A Plataforma en defensa do Partido Xudicial de Xinzo de Limia reunirase o día 23 de Abril, ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, co obxecto de analizar as novas solicitudes de integración e de pactar uns obxectivos e criterios de funcionamento, así como de desenhar umha campanha informativa contra a proposta do Goberno Central de eliminar o Partido Xudicial de Xinzo de Limia.

A esta reunión están convidadas a asistir todas as organizacións políticas, sindicais, empresariais, culturais, vicinhais, así como os Concelhos da Limia e aqueles/as cidadáns/as que desexen asistir a título particular.

É PRECISO UNIR ESFORZOS ANTE A MÁQUINA ESMAGADORA DE SERVIZOS PÚBLICOS. SÚMATE Á PLATAFORMA !!!!

Volver