Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

HORMIGONES TABOADELA PROPONSE EXITINGUIR 57 CONTRATOS DE TRABALHO (O 90% DO QUADRO DE PERSOAL)

06 Ago 2014

O grupo Hormigones Taboadela, con centros de trabalho en Xinzo de Limia e Taboadela promove un ERE pra despedir a 57 trabalhadores/as

O próximo día 7/8/14, ás 10:30 horas, na sede da empresa Homigones Taboadela (Rúa Curros Enriquez nº 1 da cidade de Ourense) celebrarase a 2ª reunión do proceso negociador do ERE extintivo promovido pola citada patronal e que afecta a 57 traballadores/as do seu quadro de persoal.

A empresa conta, en Ourense, con centros de trabalho en Xinzo de Limia e Taboadela, ademais doutros en: Boiro, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Compostela.

Aproveitando á reunión da Mesa Negociadora os trabalhadores/as concentrarase na entrada das instalacións, co obxeto de manifestar a súa posición ante o despedimento da totalidade do quadro de presoal.

Este é un exemplo mais da SAÍDA DA CRISE que o Goberno do Partido Popular propagandea. Pechan as empresas produtivas, despiden aos trabalhadores/as con contratos a xornada completa e, logo, nos venden umha recuperación económica que consiste en que mais 800.000 persoas, no Estado, tenhan un contrato de trabalho de 1 hora diaria.

HAI QUE BOTALOS !!!!

Volver