Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Homenaxe aos traballadores que construiron os camiños de ferro cara á meseta no concello de Castrelo do Val

26 Ago 2009

Estes carrilanos tiñan xornadas longuísimas e padecian silicose

O Concello de Castrelo do Val e a Asociación Cultural Os Carrilanos organizan a X Festa de Homenaxe aos Carrilanos.

O acto terá lugar en Campobecerros, onde se ergueu un monolito en memoria de todos os traballadores dos camiños de ferro, e consistirá nunha ofrenda e intervencións dos organizadores. Despois terá lugar un xantar de confraternidade nun restaurante do concello, no pobo de Pepín.

Padecían silicose: "o mal da via"

Este evento faise desde o ano 2000, "para recuperar a memoria deses traballadores que construiron o ferrocarril cara á meseta, unha das obras civís máis importantes do século XX. A vida destas persoas non foi fácil, tendo que padecer a escravitude da propia obra, asi como enfermidades derivadas do seu traballo no túnel: a silicose, chamada daquelas o mal da via, tamén viviron dúas ditaduras, a guerra civil do 36 e a posterior lacra da emigración".

Por último, lembran desde a Asociación Cultural os Carrilanos que "é unha obriga lembrar a estes traballadores que foron heroes do século pasado", e subliñou o seu presidente, Xosé Barxa, que "a asociación Carrilanos que teño a honra de presidir vai loitar tamén para que, coa chegada do AVE, se continúen a manter os trens de cercania e que se mellore o servizo, pois pensamos que un servizo público aínda que non sexa rendíbel si que o é socialmente"

Volver