Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

FUNCIÓN PÚBLICA ESTUDA MODIFICAR O DECRETO DE LISTAS PARA VALORAR O TEMPO TRABALLADO AO PERSOAL DE SEAGA

19 Set 2018

A CIG plantexa a necesidade de que as 500 prazas afectadas pasaran a formar parte do SPDCIF

Tras o anuncio da Xunta de Galicia o pasado 10 de setembro da supresión da encomenda de xestión da extinción de incendios forestais con SEAGA, empresa pública da Xunta de Galicia, dende a CIG planteamos a necesidade de que as 500 prazas afectadas pasaran a formar parte do SPDCIF, aumentando así o cadro de persoal e camiñando cara o servizo público único na extinción de incendios forestais. Porén o traballo na extinción que ven a realizar o persoal de SEAGA non é valorado para as listas da Xunta, xa que hoxe segundo o decreto 12 anos de traballo puntúan 0, a razón pola que estes compañeiros se atopan en folga indefinida.

Hoxe 18 de setembro o Director Xeral de Función Pública propón a modificación do Decreto de listas de cara a valorar as entidades públicas pertencentes a Xunta de Galicia como o IGAPE, o persoal do Consorcio e os bombeiros forestais da SEAGA.

Dende a CIG-Autonómica solicitamos a apertura do proceso negociador do decreto de listas para que se solucionen eivas xa denunciadas como a coherencia no computo do tempo traballado o esgotamento dalgunhas listas para a substitución das vacacións de verán, prazos de penalización... É necesario que os postos que se van a amortizar en SEAGA se creen na RPT e nas mesmas condicións que para o persoal contratado fixo-descontinuo, para o que demandamos a duración de 9 meses, pois non imos permitir o “xogo das sillas” co noso persoal.

Mentres outros sindicatos como CSIF ou CCOO líanse coa formación, a esixencia do galego e outras cuestións evidentes e non discutibles para o traballo na función pública, UGT incluso propón a valoración de TRAGSA, a UME (militares) como a SEAGA, meténdonos a todos no mesmo saco. Supomos que foi un desafortunado comentario sen a reflexión adecuada, pois aínda somos incapaces de imaxinar a valoración dos militares ou de empresas foráneas como traballadores dependentes da Xunta de Galicia.

Dende a CIG esiximos que os prazos sexan curtos para a resolución do conflito polo que solicitamos a apertura urxente do proceso negociador.

CONTIGO E COA CIG, A LOITA CONTINÚA!!

Volver