Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Foto facilitada pola familia
Solicitude de honres e distincións
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

FAMILIARES E AMIG@S DE LINO GARCÍA VÁZQUEZ, EXECUTADO POLO FASCISMO EN 1937, HONRAN A SÚA MEMORIA E A DE TODAS AS VÍTIMAS

14 Abr 2015

Como ven sendo habitual o 14 de Abril de cada ano, familiares e amig@s do industrial verinés executado en 1937 polo fascismo depositan flores na memoria das vítimas

Como ven sendo habitual, o 14 de Abril de cada ano, familiares e amig@s do industrial verinés, Lino García Vázquez, executado en 1937 polo réxime franquista, depositan flores ao redor da pedra conmemorativa, colocada polo Goberno Municipal do PSOE-BNG, nos xardíns do Concelho de Verín.

Ten que ser a sociedade civil a que mantenha acesa a chama da memoria e da xustiza, cando os gobernos fan deixazón das súas responsabilidades, como é o caso dos Gobernos do Estado Espanhol. Aínda estamos a agardar a resposta do Concelho de Verín á solicitude, feita pola CIG hai un ano, de honrar a memoria de todas as vítimas do franquismo pondo a varias rúas e prazas da vila o nome de membros da corporación republicana verinesa.

Nós non sabemos canto tardaremos en darlhe a volta a un Estado inxusto, herdeiro do franquismo, quizais algúns non o cheguemos a ver; mais eles si saben que sempre que fique en pé, en Verín, un descedente dos respresaliados/as, fuxidos/as, executados/as e asasinados/as polo fascismo terán que, aturar, ano a ano, todos os anos, a nosa reclamación de xustiza e de dignifidade pras vítimas.

Preme no PDF pra descarregar a solicitude feita pola CIG, en 2014, ao Concelho de Verín de outorgamento de honores e distincións á Corporación republicana de Verín

Volver