Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Imprime o cartaz, espálhao, difúndeo !!
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

DUCIAS DE TRABALHADOR@S DESPEDIDOS NAS OBRAS DO AVE. A CIG CONVOCA ASEMBLEA PRO DIA 26 DE MARZO

17 Mar 2015

A CIG convoca Asemblea de tabalhador@s, ex-trabalhador@s e desempregad@s do AVE pro xoves 26 de Marzo, ás 20.00 horas na Casa Sindical de Verín

Desque hai uns anos se iniciaran as obras do AVE, nos treitos de Lubián, A Gudinha, Viana do Bolo, Campobecerros, Laza e Vilar de Barrio, ás condicións laborais dos operari@s desas zonas, foron degradándose de tal xeito que, na actualidade, pódese dicir marxean coa miseria laboral e o terceiromundismo.

Ás xornadas maratonianas de trabalho (10 e 12 horas), aos contratos lixo de uns días, ás subcontratas que non pagan porque están quebradas, aos salarios de miseria, ás condicións de hixiene e saúde laboral terceiromundistas, aos accidentes de trablaho que provocan a morte de trabalhadores/as, temos que sumar agora a sistemática paralización das obras do AVE, con despedimentos masivos de trabalhador@s; vítimas da POLÍTICA LABORAL DUN GOBERNO de DEREITA EXTREMA que pensa mais en defender os seus proprios intereses de clase, que nos intereses dos cidadáns/ás.

Ante ista situación temos que PARAR !!!!! ABONDA XA !!!! A saúde dumha democracia non se mide pola situación do bolsa de Madrid, mídese polo nível de vida dos cidadáns/ás

O próximo día 26 de Marzo (xoves) acode, espalha e difunde a Asemblea que se celebrará na Casa Sindical de Verín, ás 20.00 horas, pra esixir ao Ministerio de Fomento o estabelecimento dun acordo laboral, polo que se garantan umhas mínimas condicións de dignidade nas contratacións que realizan ás UTEs e subcontratas.

Volver