Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

DOUS POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DOS BLANCOS

15 Xun 2018

Son prazas para monitor@s de tempo libre

Por decreto da alcaldía do concello dos Blancos de data de 5 de xuño de 2018, faise público no BOP do 15 de xuño a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de dous/dúas traballadores/as para a realización dun campamento de verán. A denominación dos postos é monitor@s de tempo libre. A duración do contrato será de dous meses. A clase de persoal é laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes farase nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello dos Blancos en horario de oficina.

Volver