Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CORREOS ABONARÁ PARTE DAS AXUDAS SOCIAIS NA NÓMINA DE NOVEMBRO

27 Nov 2018

Anunciouno mediante unha nota de prensa que achegamos

A Sociedade Espanhola de Correios e Telégrafos anunciou a medio dunha nota de prensa a súa intención de proceder ao pagamento, neste mes de novembro, xunto coa nómina dalgunhas das axudas sociais para empregad@s e máis aos seus filh@s.

Anuncian que mantenhen as axudas contempladas no III Convenio Colectivo e Acordo Xeral coa fin de atender diversas necesidades d@s emprad@s e as súas familias.

Indican que aboarán 612 axudas para filh@s con discapacidade de entre 300 e 500 euros cada unha, segundo o grao de discapacidade d@s beneficiari@s, cun importe final de 222.400 euros, 646 axudas para educación infantil de até 250 euros, en función do gasto acreditado, cuxa finalidade é paliar parte dos gastos orixinados pola contratación de prazas para filh@s de 0 a 3 anos en escolas ou centros de educación infantil durante o curso pasado. O importe total é de 148.400 euros.

Por último, ingresarán en novembro os importes correspondentes ás 1.282 solicitudes de préstamos sen interese de 1.000, 2.200, 3.500 o 4.500 euros cada un, por un importe total de 5.055.400 euros.

Volver