Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CONVOCATORIA CONTRA O PECHE DO PARIDOIRO DE VERÍN

04 Dec 2019

En Verín, será o mércores 4 ás 20 horas diante do hospital

A Xerencia da Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras adoptou a medida de pechar o Paridoiro e o Servizo de Atención de Urxencias pediátricas do Hospital Comarcal de Verín. Ante esta agresión institucional ás mulleres de Verín, e por tanto a todas as mulleres de Galiza, que impide a equidade no acceso a sanidade pública, castigando ás persoas que non viven nas grandes cidades a ter unha sanidade pública de proximidade e de calidade, a CIG  súmase ao chamamento do feminismo galego a responder nas rúas da Galiza contra esta agresión.

Por unha sanidade pública e de calidade para todas e todos, independentemente do lugar no que residas, tamén para as mulleres do rural!

Este MÉRCORES 4 DE DECEMBRO, súmate ás convocatorias impulsadas pola Marcha Mundial das Mulleres, da que a CIG forma parte, e por outros colectivos feministas en todo o país!

- Verín, 20h diante do HOSPITAL

- Ourense, 20h na Subdelegación do Goberno

- A Coruña, 20.30h no Obelisco

- Allariz, 20h na Praza do Concello

- As Pontes, 20.30h na Praza do Hospital

- Betanzos, 20h a carón do Palco da Música

- Celanova, 20h na Praza

- Compostela, 20h na Praza 8 de Marzo

- Lalín, 20.30h diante do Casino

- Lugo, 20h diante do Concello

- Monforte, 20.30h Praza de españa

- O Carballiño, 20h na Praza Maior

- Vigo, 20h no MARCO

Volver