Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Convocadas mobilizacións en Vidrieira do Atlántico contra a supresión do plus de actividade

09 Dec 2008

A empresa iniciou un expediente colectivo de modificación de condicións de traballo

Os representantes dos/as traballadores/as acordaron acudir á reunión convocada o 10 de decembro pola dirección da empresa, como trámite de consulta, para tratar o expediente colectivo de modificación de condicións de traballo. Durante o encontro os membros/as das seccións sindicais de CIG e CCOO solicitarán á dirección empresarial “a reconsideración dunha actitude unilateral que, ao noso xuízo, vulnera o dereito de liberdade sindical e negociación colectiva dos traballadores/as”, segundo explicou Anxo García Torres, da Unión Local da CIG de Verín.

De igual xeito, o mércores 10, todos/as traballadores/as están convocados a unha asemblea xeral, que terá lugar no Salón de Actos do Concello de Xinzo da Limia a partir das 18:30 horas, na que se proporá a todos os operarios/as, a aprobación das seguintes medidas:

1.-Interposición dunha demanda colectiva e/ou individual contra a empresa, en reclamación de tutela dos dereitos de negociación colectiva e liberdade sindical, violados pola dirección da empresa.

2.-Interposición dunha demanda colectiva e/ou individual contra a empresa, en reclamación das horas extras realizadas e non aboadas dos últimos sete anos aos 165 traballadores/as da Vidreira.

3.-Interposición dunha demanda colectiva e/ou individual contra a empresa, en reclamación do plus de actividade suprimido.

4.-Formulación dunha denuncia contra a empresa, perante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, por imposición de condicións ilegais aos traballadores/as; así como de falta de cotización de horas extras á Seguridade Social.

5.-Convocatoria dunha medida de presión (que se definirá na asemblea) para o próximo día 19 de decembro.

Dende a sección sindical da CIG consideran que “hai tempo abondo para arranxar unha situación de conflito, da que os traballadores/as non somos en absoluto responsábeis” e reiteraron á dirección da empresa “a nosa invitación á reflexión que, de seguro, ha contribuír a evitar os serios problemas que se aveciñan”.

Volver