Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CONVOCADAS CINCO XORNADAS DE FOLGA NO SERVIZO DE MANTEMENTO DO CHUO

23 Xan 2018

Serán os vindeiros 6,7,8,9 e 12 de febreiro

A asemblea de traballadoras/es  da concesionaria do servizo de mantemento do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Ferrovial,  decidiu convocar cinco xornadas de folga os vindeiros días 6, 7, 8, 9 e 12 de febreiro para reclamar o cumprimento do convenio colectivo de aplicación e compeler á empresa que remate coa discriminación laboral con respecto a compañeiros/as doutras localidades.

Segundo explican dende o sindicato, os traballadores/as  convocan os paros, pois a proposta da dirección está moi lonxe das esixencias que lle trasladaron ao responsábel da empresa o pasado día 12.

Piden que se remate coa discriminación laboral con respecto a compañeiros/as que traballan noutros centros sanitarios da provincia no que ten que ver cos pluses de perigosidade, festivos e fins de semana. “Nalgúns deles cobran por exemplo un 35% de plus de toxicidade fronte ao 25% que ingresan os do CHUO “a pesar de que desenvolven o mesmo traballo”.

Ademáis, informan que o actual cadro de persoal é insuficiente para cubrir as necesidades de mantemento de todo o complexo, e alertan sobre o elevado número de accidentes que se producen na quenda de noite, que conta cun único traballador/a.

Na central consideran que a decisión adoptada polos/as traballadores/as é moi positiva, “xa que a folga é unha ferramenta que temos a clase traballadora para defendernos das continuas agresións por parte das empresas, sobre todo dunha coma Ferrovial que acada grandes beneficios sen que teñan repercusión no conxunto do cadro de persoal”.

Lembran que despois de varios intentos por parte dos traballadores/as de chegar a acordos para non ter que xudicializar o conflito, “a convocatoria dos paros é a única vía que queda para lograr as reivindicacións”.

Volver