Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Convocadas as probas de avaliación en competencias clave, en Silleda, para os días 14 e 15 de abril

27 Feb 2012

O prazo de inscrición é gratuíto e remata o vindeiro 2 de marzo

Estas probas, consistentes en exames de diferentes materias comúns, realizaranse os días 14 e 15 de abril no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) e o prazo de inscrición, que é gratuíto, finalizará o vindeiro 2 de marzo.

Deste xeito, a consellaría abre a primeira quenda deste ano para aquelas persoas que precisen acceder  á  certificación  profesional  e  non  conten  coa  formación académica mínima que se lle require na súa especialidade. Ó mesmo tempo, e seguindo a liña de axuda e o compromiso que a fundación  ten marcado, a Forga de Verín asesorará a todas as persoas da comarca interesadas neste tema, facilitando o primeiro paso á obtención das diferentes  CERTIFICACIÓNS DE PROFESIONALIDADE.

ForGa insite na importancia de acreditarse profesionalmente, e obter a certificación correspondente, pois vai ser imprescindíbel e excluínte a medio prazo, e xa o é para algunhas especialidades nalgunhas organizacións e empresas. É por isto que quere impartir nesta comarca, na que a situación laboral segue a ser tan difícil, máis neste momento de crise, todo o asesoramento, formación e axuda que estea ao seu alcance para que todas e todos os traballadores reúnan os requisitos necesarios para poder superar o proceso de xeito adecuado.  

Para máis información pódese contactar coa forGA de Verín no teléfono 988683968 ou no e correo dtverin@forga.org

Volver