CONVOCADAS AS COMPETENCIAS CLAVE DOS NIVEIS 2 E 3
14
Mar
2019
Son probas de lingua galega, castelá, inglesa e competencia matemática
A Xunta de Galiza publica nova Resolución do 25 de febreiro de 2019 -DOG do 4 de marzo 2019-, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
A resolución contén os seguintes anexos:
- Anexo I: Solicitude. Procedemento TR306A
- Anexo II: Calendario do procedemento
- Anexo III: Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade
- Anexo IV: Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega
- Anexo V: Validacións das competencias por ter superados estudos regrados
- Anexo VI: Certificados de profesionalidade que requiren a competencia en lingua estranxeira
Prevese que as probas terán lugar na Fundación Semana Verde, en Silleda (Pontevedra).