Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CONVOCADA UNHA BOLSA DE CONTRATACIÓN NO CONCELLO DE BANDE

20 Abr 2016

Ofertan prazas de auxiliares de axuda no fogar e atención a persoas dependentes

O concello de Bande a medio do acordo da xunta de goberno local, con data 12 de abril de 2016, aprobou a convocatoria para presentación de solicitudes para formar parte da bolsa de contratación do concello de Bande para servizo de axuda no fogar e atención a dependentes. As prazas ofertadas son para persoal laboral temporal.
O prazo de presentación de solicitudes son sete días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (20/04/16).
Os modelos de solicitude e demais información complementaria consultarase nas bases da bolsa de emprego publicadas
na páxina web do Concello de Bande www.concellobande.com e no taboleiro de edictos municipal.

Volver