Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CONVOCADA FOLGA INDEFINIDA NO SERVIZO DE LIMPEZA DE OURENSE

23 Xan 2018

Comezará o vindeiro 5 de febreiro e será de carácter indefinido

O Comité de Empresa da concesionaria do servizo de limpeza do concello de Ourense, Ecourense, atendeu á demanda da práctica totalidade do plantel de traballador@s, que acordaron en asemblea, a convocatoria de folga indefinida a partires do vindeiro 5 de febreiro. A representación d@s traballador@s, tentou a negociación durante máis de 18 meses, agotando todos os recursos ó seu alcance para tentar chegar a un acordo. Non é a primeira vez que dende a CIG, vista a falta de negociación se chega a propor unha medida de presión; xa en abril do 2017, iste sindicato, despois de varias reunións sen nengún froito, propuxo unha convocatoria de folga; medida que, finalmente hai que adoptar case un ano despois ao non obter negún tipo de avance. Non foi quen, nen sequera a participación dun mediador do Consello Galego de Relacións Laborais, de acadar unha solución que fose satisfactoria para ambas partes. Foron dez reunións ás que asistíu o mediador do CGRL, e despois de diferentes achegas houbo unha proposta que o comité de empresa aceptou. Non foi así na empresa, que lonxe de achegar posturas, bloquea todo o proceso negándose de plano a negociar, e chegan a ameazar con reducción do plantel e descolgue salarial. A proposta da dirección da mercantil, na última reunión celebrada o 18 de xaneiro consiste en non cumprir a actualización salarial, e oferta unha porcentaxe inferior ao IPC. Asemade, o Comité quere negociar a recuperación de dereitos sociais e laborais que foron eliminados durante o período de crise.

Volver