Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CONVOCADA CONCENTRACIÓN CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL EN COREN SERVICARNE

27 Nov 2017

Será o vindeiro martes día 5 ás 11:30 diante dos novos xulgados de Ourense

Dende a CIG levamos máis dun ano mobilizándonos contra a explotación laboral que están a sofrir as traballadoras e traballadores de Servicarne, autónomas/os dependentes que traballan en Coren. Trátase dunhas condicións laborais infrahumanas: sen horario fixo, sen salario mínimo, sen vacacións, con baixas laborais disfrazadas de baixas por enfermidade común, con ritmos de traballo infernais, sen indemnización por despedimento... Denunciamos tamén a actitude da empresa, que responde con acoso e persecución, amonestacións e sancións, a aquelas traballadoras e traballadores que simplemente esixen dignidade. Ista actitude non mudou, e atopámonos hoxe cun expediente de expulsión a un compañeiro polo feito de manifestarse coa CIG. Dende o sindicato queremos denunciar a represión sindical que Coren-Servicarne exerce contra as traballadoras e traballadores que reclaman unhas condicións de traballo dignas. Non imos calar. Non imos retroceder nesta loita. Responderemos con proporcional contundencia ante dita represión sindical. Por iso, solicitamos participación o vindeiro martes 5 de decembro ás 11:30 nunha concentración diante do edificio xudicial en Ourense (Rúa Velázquez) en apoio ao traballador represaliado, e reclamando a súa inmediata readmisión.

NON Á REPRESIÓN SINDICAL EN COREN-SERVICARNE !

Volver