Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CONVOCADA ASEMBLEA XERAL DE TRABALLADORES/AS DO CONCELLO DE VERÍN (PERSOAL LABORAL E FUNCIONARIO)

29 Nov 2018

Será o martes 11 de decembro ás 14 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura

A CIG e a CSIF convocan asemblea xeral d@s trabalhador@s de Verín, tanto para o persoal laboral como para o persoal funcionario, para o vindeiro MARTES 11 DE DECEMBRO ÁS 14 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA. Os temas a tratar son:

1º.- Información sobre a Sentenza do Conflito Colectivo dos Complementos de Posto do Persoal Laboral
2º.- Información sobre a proposta de recuperación do 100% da prestación de Incapacidade Temporal
3º.- Información sobre a distribución dos 30.000 euros pactados para o persoal laboral na NNCC 2018
4º.- Información sobre a proposta de apertura da RPT para o persoal funcionario non policial.
5º.- Información sobre impugnacións e recursos pendentes

Nota: Foi solicitada autorización municipal para a celebración da Asemblea nise horario.

ACODE E DIFUNDE A CONVOCATORIA DA ASEMBLEA PRECISAMOS DA TÚA PARTICIPACIÓN ACTIVA!!!!!

Volver