Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Resolución de convocatoria das probas físicas SEAGA
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A SEAGA CONVOCA A REALIZACIÓN DAS PROBAS FÍSICAS PRAS CONTRATACIÓNS DA ÉPOCA DE ALTO RISCO DE INCENDIOS

09 Mai 2015

A proba realizarase o 18 de Maio en Santiago de Compostela (Servizo de transporte gratuito ás 10.00 horas dende Expourense)

A SEAGA ven de convocar, pro próximo 18/05/15, a proba física necesaria pra realización das contratacións da época de perigo alto de incendios. A citada proba desenvolverase no Estadio Multiusos de San Lázaro en Santiago de Compostela.

Por acordo co Comité de Empresa, a dirección da SEAGA, por primeira vez, estabelecerá un servizo de transporte gratuito pra todos/as os que queiran realizar a proba; saíndo, en Ourense, dende Exporourense, o propio 18 de maio, ás 10.00 horas.

O persoal que desexe facer uso diste medio de transporte deberá remitir un correo-e de confirmación ao seguinte enderezo electrónico:info@epseaga.com ou chamar ao telefone 626 719 200. O prazo límite para dita confirmación será o 12.05.2015.

Preme no PDF que hai debaixo da foto e descarrega a resolución cos requistos e condicións da convocatoria das probas físicas

Volver