Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Condenan o Concello de Viana do Bolo, en Ourense, por violar o dereito á negociación colectiva do persoal

06 Feb 2012

O Goberno local, do PP, tentou impor unhas condicións laborais sen negociar e á marxe das pactadas no convenio

Dende a CIG lembran que xa se perdeu a conta dos alcaldes que, entre o ano 2011 e o ano 2012, viron anuladas resolucións por orde dos tribunais por violar todo tipo de dereitos sindicais: Rairiz da Veiga, Verín, Xinzo da Limia, Viana do Bolo, Celanova, etc... “Curiosamente, todos son alcaldes do Partido Popular”, indican.

Nese senso, sosteñen que se fixeramos caso as propostas-ocurrencia coas que nos está agasallando o Goberno do PP no Estado no que atinxe á esixir responsabilidades persoais a alcaldes incumpridores, “é moi posíbel que entre os 100 primeiros candidatos/as se atoparan 90 do PP e, deses, 70 da provincia de Ourense”.

Volver