Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CONCENTRACIÓN DIANTE DO SUPERMERCADO FROIZ DA RÚA DO CONCELLO EN OURENSE

20 Dec 2017

A CIG denuncia públicamente diversas irregularidades por parte da empresa

A CIG concentrouse hoxe mércores día 20 diante do supermercado Froiz da rúa do Concello en Ourense para denunciar públicamente o que se agocha detrás das campañas de marketing e deseño desta cadea de supermercados; unha cruel realidade: a negación dos dereitos das súas traballadoras e traballadores. Contínuamente realízanse excesos de xornadas, traslados e cambios de posto sen xustificación e a capricho ou proibicións na práctica de gozar os tres días de asuntos propios que recolle o convenio, son algúns dos exemplos. Dende a CIG queremos denunciar publicamente estas irregularidades, e esixirlle a FROIZ que cumpra o convenio colectivo que eles mesmos asinaron.

Volver