Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CONCENTRACIÓN DIANTE DAS INSTALACIÓNS DA EMPRESA DE RIBADAVIA “HIJOS DE LUÍS CHAO SOBRINO”

26 Feb 2018

A práctica totalidade do plantel da empresa concentrouse na porta da factoría

O persoal da empresa Hijos de Luís Chao concentrouse diante da porta da fábrica o luns 26, para facer pública a situación que se está a vivir dentro desa empresa, baixo o lema "NA DEFENSA DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA E DOS DIREITOS ADQUIRIDOS". Reclaman o direito á negociación do calendario laboral para iste 2018.

"Non é a primeira vez que a empresa Hijos de Luís Chao Sobrino nega dereitos adquiridos ás e aos trabalhador@s; pero sí é o arranque dunha campanha de protestas para que ista situación mude" afirma o secretario nacional da construción, Plácido Valencia. Indica que as medidas de presión non só se quedarán nas protestas públicas, senón que tamén acudirán ós xulgados as veces que sexan precisas. "@s operari@s tenhen cedido en moitas ocasións para garantir a viabilidade da sociedade, mais non parece ser suficiente para a nova dirección".

Denuncian tamén a situación que se está a vivir alí, que en moitos casos roza o acoso laboral, e solicitan da empresa abrir unha negociación que posibilite chegar a acordos que sexan satisfactorios para ambas partes. Lembran a débeda de tres mensualidades que a sociedade mantén neste momento coas/cos trabalhadoras/es.

Volver