Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Comité, traballadores e CIG analizarán a estratexia a seguir na Vidreira logo da sentenza a respecto do conflito colectivo

07 Xul 2009

A resolución, cualificada de “incongruente”, pronúnciase sobre o plus de actividade cando este non fora sometido a consideración

Nesta asemblea redeseñarase a estratexia a seguir polo Comité Empresa que, respectando a resolución xudicial, cualifícaa como “absolutamente incongruente”, por canto se pronuncia sobre unha materia (o plus de actividade), non sometida a consideración xudicial.

Hai que lembrar que o conflito colectivo presentado procuraba un pronunciamento xudicial sobre a legalidade ou non da xornada imposta pola empresa en xaneiro do 2009 “e, incongruentemente, se emite, non só ese pronuniciamente, senón (de paso) unha opinión xudicial (extra petita) sobre o Plus de Actividade”, explica o responsábel da CIG-Verín, Anxo García Torres.

Dende a Unión Local da CIG xa se anunciou que recorrerá en suplicación esta resolución, posto que, ademais do sinalado, o fallo se fundamenta nun medio de proba totalmente inconcebíbel. “A súa señoría sostén a súa opinión sobre o plus de actividade (non solicitada), en base a un documento asinado polo Administrador de Recursos Humanos da Empresa. É dicir, dáselle carácter de proba a un documento confeccionado pola propria empresa. É como se a CIG fixera un documento dicindo o contrario, o asinase o seu Secretario, e o xuíz asegurase que iso constitúe unha proba”, lamenta García Torres.

A CIG e o Comité de Empresa explicarán ná Asemblea Xeral de Traballadores/as o sentido deste fallo e definirán a súa nova estratexia de loita sindical e xudicial.

Esta acción do Xulgado Social nº 1 de Ourense vén complicar enormemente a situación dos traballadores/as, mais con todo, apunta García Torres, “o conflito non ha ficar resolto mentres reste un recurso por interpor e se solventen o resto das reclamacións xudiciais formuladas, incluída a do proprio Plus de Actividade”.

A este respecto aclarou que a reclamación sobre o plus se activará inmediatamente, xa que o Xulgado do Social 1 se pronunciou sobre este punto por “decisión voluntaria do xuízo actuante, sen que ninguén sometera tal cuestión á súa consideración, limitando o dereito dos traballadores/as a obter unha opinión xudicial plena sobre un asunto non demandado e, polo tanto, vulnerando o direito á tutela xudicial efectiva”, aclara o responsábel da CIG de Verín.

Volver