Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CLAUSURADA A III HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO NA COMARCA DE MONTERREI.

14 Ago 2017

O día 13 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza da Mercé de Verín, pechamos a homenaxe

Con notábel asisténcia de público, malia as concordancias e as descordancias con actos culturais e musicais programados nestas datas polo Concelho de Verín, pechamos onte, nun emotivo acto final, a III homenaxe ás vítimas do franquismo na comarca de Monterrei, entregando umha lembranza á Isabel do Barrio, companheira de Antonio Pérez Barreiros, guerrilheiro, antifranquista e vicinho de Verín, así como proxectando o documental "O Silêncio", dos realizadores portugueses: António Loja Neves e José Manuel Alves sobre os acontencimentos do Cambedo da Raia no 1946, a conhecida como "Batalha do Cambedo".

Moi satisfeitos/as por contribuír a avivar a memoria dos/as que loitaron pola liberdade do noso povo e, asemade, ben decepcionados/as pola ausencia completa de representantes do Concelho de Verín e do resto dos Concelhos da comarca (nos tres días das xornadas), coa excepción da concelheira do bng de Oímbra, Perfecta Losada, que, coa congruencia que a caracteriza, sempre está connosco e coa causa da dignidade.

Preme nas fotos pra despregalas

Volver