Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CELEBRADA REUNIÓN DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA CONSELLARÍA DO MEDIO RURAL

05 Mar 2018

Dan conta dos acordos ós que se chegaron

No desenvolvemento do último comité de seguridade e saúde de Medio Rural celebrado o 27 de febreiro de 2018, que é continuidade dos puntos do comité de marzo de 2017 (despois de case un ano sen ter ningunha xuntanza do comité) tomáronse os seguintes acordos:

1.- Noméanse como novos membros do comité a Victor Tubío -subdirector de persoal como presidente (por substitución de Ascensión Labella) e Elías Blanco -representante de UGT- como secretario (por renuncia de Roberto González).

2.- Aprobáronse os modelos de comunicación aos delegados de prevención e empregados públicos referidos ás visitas de avaliación de riscos. O servizo de prevención comprometeuse a aportar ao comité unha planificación das visitas previstas para o ano 2018. Ademáis desde a consellería comprométense a entregar en breve un borrador de instrucións ao respecto do protocolo a seguir nas avaliacións de riscos, plans de acción e seguimento destas.

3.- Retómase o informe de traballo sobre a implantación de taquillas. Desde a subdirección prepararán un prego de condicións para a contratación das primeiras unidades cunha dotación para este ano de 60.000€. Revisarase de  novo, o criterio de prioridades para o seu reparto.

4.- Por parte do presidente indícase que a orde de uniformes de axentes medioambientais está pendente da súa publicación no DOG (agarda se produza ao longo do mes de marzo). Amais indica que ao longo de marzo conta ter o borrador do prego de prescricións técnicas de roupa de inverno para o persoal dos distritos forestais (neste punto recórdaselle que a última entrega de este roupa foi no ano 2008).

5.- A programación de visitas de avaliación de 2018 para Medio Rural foi aprobada no CSS intercentros sen ter pasado previamente por este comité. Desde a representación sindical recórdaselle a necesidade de incluír nesta programación avaliacións recollidas en actas de anteriores comités como son: avaliación do traballo de campo do  persoal veterinario, as bases aéreas de Toén e Vilamaior, os riscos sicosociais do persoal dos distritos forestais (acordouse comezar polo distrito XVI). A maiores indícase a necesidade de facer avaliación do traballo específico das brigadas helitransportadas.

6.- Notificáronse as distintas accións que a consellería está a tomar para dar contestación ao requirimento de inspección de traballo 27/17 referido aos vehículos dos axentes medioambientais (considera o vehículo como equipo de traballo ao que se lle aplica o RD 1215/97). Entre elas están: enquisa de avaliación dos vehículos que farán os propios axentes medioambientais, plan de mantemento e limpeza dos vehículos (no vindeiro comité extraordinario de marzo analizarase o borrador que se enviará en breve), e planificación de accións formativas para os axentes mediambientais en relación coas tarefas de condución de vehículos todoterreno. Desde a CIG demandamos que estas medidas se amplíen a todo o territorio e a todos os postos de traballo que teñan que empregar un vehículo como equipo de traballo.

7.- Na rolda libre de intervencións, desde a CIG preguntamos polos Kits de vespa velutina (punto aprobado no comité anteriore e se executar). Desde o servizo de prevención indícase que para dotar deste Kit, primeiro cada empegado público deberá facerse as probas médicas de sensibilidade, logo MUGATRA fará a receta médica e finalmente hai que facer unha xornada específica de formación. Desde a consellería comprométense a inciar o proceso establecendo as prioridades dos postos de traballo máis sensibles.

8.- A CIG pregunta polo informe do estado dos vehículos (punto aprobado en anteriores comités e que non se chegou a entregar) para ter unha radiografía da situación actual dos vehículos na consellería e avalíe se esta inflúe na seguridade das persoas traballadoras.

9.- Apróbase manter un comité extraordinario o 21 de marzo para das contestación ao requirimento de inspección de traballo e un ordinario o 25 de abril. Para o comité ordinario desde a CIG incorporamos os seguintes puntos para a orde do día: análise da siniestrabilidade e accidentes en Medio Rural correspondente a 2017 / revisión dos protocolos de vixilancia da saúde (especialmente nos distritos forestais) /análise da incidencia dos aspectos relacionados coa seguridade e saúde do persoal que se atopa desempeñando o seu traballo nun posto distinto ao que está nomeado / segunda actividade para persoal dos distritos forestais.

Delegados de prevención:
Xabier Bruña (ringoj@gmail.com)
José Manuel Couselo (jm.couselo@gmail.com)
http://autonomica.cigadmon.org

Volver