Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CC OO E UGT VENDEN AO PERSOAL LABORAL TEMPORAL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

20 Out 2019

Acordaron o paso forzoso do persoal laboral temporal a funcionario interino

Desde a CIG xa viñamos advertindo que a funcionarización sen un proceso previo de oposicións (P.I., CONSOLIDACIÓN, ESTABILIZACIÓN) como PERSOAL LABORAL era vender, literalmente, ao persoal laboral temporal da Consellería de Política Social.

Pois ben, no último acordo asinado por CC.OO e UGT coa Xunta de Galicia, afirman que o paso de persoal laboral temporal a funcionario interino forzoso comezará no cuarto trimestre do ano 2019.

CASUALMENTE DESPOIS DAS ELECCIÓNS SINDICAIS A POLÍTICA SOCIAL, A VER SI O PERSOAL SE VAI A DAR DE CONTA COMO OS VENDEN.

O acordo asinado polos sindicatos da patronal dí, de xeito textual:

  “Así mesmo, aplicarase ao persoal laboral temporal que, de
conformidade co disposto na disposición transitoria
primeira vis da Lei 2/2015, do emprego de Galicia, LLE
SEXA EXPEDIDO UN NOMEAMENTO DE NATUREZA
FUNCINARIAL INTERINA A PARTIRES DO CUARTO
TRIMESTRE DE 2019, sempre que cumpra un dos criterios
de avaliación .......”

É dicir que, ou aceptas o nomeamento de persoal funcionario interino ou “te vas a la calle”.
https://www.xunta.gal/c/document_library/get_file?file_path=/portal-web/funcionpublica/normativa/Lei2_2015EPG_vconsolidada_2019.pdf

Desde a CIG queremos seguir manifestando o noso REXEITAMENTO a esta desfeita, insistindo que TODAS AS OFERTAS DE EMPREGO SE DEBEN FACER COMO PERSOAL LABORAL ANTES DE CALQUERA PROCESO DE FUNCIONARIZACIÓN

Volver