Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

AVISO PROS TRABALHADOR@S FIXOS DECONTINUOS, CON CONTRATO DE 3 MESES, DA CAMPANHA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS DA XUNTA

24 Xun 2015

Non esquezas que ao rematar a campanha 2015, igual que na anterior, debes pasar pola CIG pra reclamar a estensión do contrato de 3 a 9 meses

Todos os trabalhadores/as do Servizo de Defensa Contra Incendios, coa condición de fixos descontinuos e con contrato de 3 meses de duración para a campanha de prevención e defensa contra incendios forestais 2015, debedes ter en conta que ao rematar o período de 3 meses de contratación, igual que fixemos na campanha anterior, tedes que traer pola CIG a documentación necesaria para reclamar a extensión da duración do contrato de 3 a 9 meses.

É moi importante non esquecer isto porque, estando pendente a resolución do Tribunal Superior sobre os recursos que a Xunta presentou contra as Sentenzas que ganhamos nos Xulgados de Ourense, debemos seguir interpondo demandas, nesta campanha, para poder computar tamén istes períodos, se, finalmente, o Tribunal Superior nos dá a razón.

Os documentos que debedes levar ao sindicato, só cando remate o período de contratación de 3 meses, son:

* As 3 nóminas

* O Contrato e

* Un poder para demandar que vos entregarán na CIG.

Volver