Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CONVOCADA AVALIACIÓN DE RISCOS PARA O PERSOAL DO SERVIZO DE INCENDIOS DE VERÍN

15 Xul 2017

A CIG fai un chamamento a cumprimentación da enquisa

O vindeiro luns día 17/07/2017 ás 11:00 vaise proceder a avaliacións de riscos no centro de Traballo do DISTRITO FORESTAL XIV en Verín.

A Avaliación de Riscos Laborais é un documento de obrigado cumprimento por parte de empresa e traballador@s, e nel identifícanse os riscos laborais e aportanse solucións no Plan de Acción. Neste Plan de Acción sinálanse as medidas correctoras e o tempo para facelo en función da gravidade estimada do risco. Os riscos psicosociais son unha parte moi importante do noso traballo, xa que nel se valoran o traballo a quendas, nocturno, en illamento, clima laboral, etc. Estas cuestións non se valoran polo Servizo de Prevención se non se fan as enquisas ao traballador/a.

Esta enquisa, de carácter voluntario, é anónima (non fai falta que cubras nome e apelidos), serve para complementar a avaliación de riscos do posto de traballo e que se nos teñan en conta os riscos psicosociais, como por exemplo estrés, violencia, acoso laboral, acoso sexual, inseguridade contractual ou desgaste profesional.

Fai falla que como mínimo a cubra o 70% do persoal do centro de traballo para que as teñan en conta.

Unha vez cuberta, podes enviala través do correo electrónico (prevencion.riscos.laborais@xunta.es) ; ou entregarlla directamente en man aos/ás técnicos/as que fan a visita de avaliación de riscos, así como a través de calquera outro medio.

Dende a CIG vimos denunciando a falta de avalición de riscos psicosociais polo que a túa colaboración tamén é importante. Ademáis reivindicamos que se cumpla a legalidade e que se avalíen os postos por RPT, xa que as cadeiras non teñen riscos, somos nos quen nos accidentamos, quen enfermamos...

Para máis información na web: http://www.xunta.gal/prevencion-de-riscos-laborais/enquisa-a-traballadores/as.

E se precisas non dubides en porte en contacto con nós. Coa CIG loitamos por unhas mellores condicións de traballo

Volver