Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

ASINADO O NOVO CONVENIO DO COMERCIO DE MATERIAIS DA CONSTRUCIÓN

28 Nov 2017

Incrúe melloras en canto a xornada, licenzas, IT e retribucións

Ficou asinado o convenio de comercio de materiales de construción e saneamento da provincia de Ourense para os anos 2017 e 2018. As principais melhoras conseguidas na negociación son as seguintes:

Retribucións:
Subida salarial do 1,5% para o ano 2017 que se empezará a cobrar a partires do 1 de xullo.
Revisión salarial e incremento 2018: unha vez recoñecido o IPC a 31 de decembro de 2017, revisaranse os salarios en todo o que rebase o 1,5 %. Sobre os salarios revisados co exceso do IPC, aplicarase unha suba do 1,5 % para 2018.
Horas extraordinarias: pagaránse cunha recarga do 100 % sobre o valor da hora simple, cando se realicen en días hábiles, e cunha recarga do 150 % no caso de domingos ou festivos.
Complemento por Incapacidade Temporal: complementaráse desde o primeiro día o 100 % do salario, durante as situacións de incapacidade temporal derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional.
No caso de enfermidade común con hospitalización, percebiráse o 100% do salario desde o 1º día do ingreso ate a alta médica.
Xornada de traballo: consolídase no convenio o descanso retribuído do sábado santo e o descanso retribuído de media xornada de tarde os días 24 e 31 de decembro.
Acoso laboral e sexual: incorpóranse protocolos de actuación para calquera tipo de acoso no traballo, ben sexa sexual ou psicolóxico.
Licenzas:
15 días naturais en caso de matrimonio do traballador/a ou parella de feito inscrita no rexistro civil.
3 días nos casos de falecemento, accidente ou enfermidade grave ou hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario, para os familiares de 1º grao de consanguinidade ou afinidade. Cando o parentesco sexa de 2º grao, o permiso será de 2 días.

No caso de desprazamento a outra provincia, os permisos do apartado anterior ampliaranse en 1 día.

Dereito a unha reducción de xornada de traballo quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de 12 anos ou un discapacitado físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, coa diminución proporcional do salario, polo menos, un oitavo e un máximo da metade da duración daquela.

PARA DESCARREGAR AS TÁBOAS SALARIAIS ABRE O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver