Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

ASINADO O CONVENIO COLECTIVO DO SIDEROMETAL DE OURENSE

25 Out 2017

O pasado martes 10 de outubro CIG, UXT e a patronal chegaron ao acordo

O día 10 de outubro de 2017, as centrais sindicais CIG e UXT asinaron o Convenio Provincial do Siderometal de Ourense que vai estar vixente até o 31 de Decembro de 2018. O convenio asinado, en síntese, consiste no seguinte:

- Vixencia dende o 1 de Xaneiro de 2013 ata o 31 de Decembro de 2018.
- Incremento salarial do 3% dende o 1 de Setembro ata o 31 de Decembro de 2017.
- Incremento salarial do 2% dende o 1 de Xaneiro de 2018 ata o 31 de Decembro de 2018.
- Mantemento de garantía do descanso dos sábados.

Dende a CIG consideramos un exercicio de responsabilidade cos intereses dos traballadores darlle saída a unha situación despois de cinco anos co convenio bloqueado. Grazas ao apoio de todas e todos, grazas ás dúas xornadas de folga do mes de Xuño de 2016 convocadas en solitario pola CIG conseguimos garantir o descanso das fins de semana. Aínda que sen triunfalismos, con cuestións mellorables (como o incremento salarial), valoramos positivamente a sinatura do convenio, especialmente o obxectivo acadado do descanso dos sábados.

PERMISOS E LICENZAS

Previo aviso á empresa, e posterior xustificación á mesma, poderemos ausentarnos do posto de traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

- 15 días naturais por matrimonio.
- 4 días naturais (convenio), máis 28 días naturais de Paternidade (Seguridade Social) polo nacemento dun fillo.
- Por morte, accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención quirurxica sen hospitalización que precise reposo domiciliario, de parentes até segundo grado de consanguinidade ou afinidade, o tempo indispensable, como mínimo 2 días. Cando con tal motivo se precise facer un desprazamento ó efecto, o prazo será de catro días.
- 2 días, por falecemento de irmáns políticos, avós políticos e tíos.
- 1 día, por falecemento de tíos políticos.
- Por exames, o tempo necesario con xustificación.
- Por consulta médica, o tempo necesario con xustificación.
No caso no que o feito causante ocorra fora da provincia, corresponderá un día máis.
- 1 día por traslado de domicilio habitual.

MOI IMPORTANTE

• Non asines contratos nin nengún documento en branco
• Non asines finiquitos sen antes consultar co sindicato.
• Se asinas algo (despois de lelo con detemento, se non estas de acordo) pon:
1. Recibin non conforme
2. Pon a data e a hora na que asinas
3. Esixe unha copia de todo o que asines
• Cando asines unha nómina, pon a data do día que a asines.
• É moi importante, que teñas en conta os prazos de reclamacións, alegacións etc.
• Se che notifican algo, acude o sindicato a maior brevidade.

Se queres descarregar as novidades abre os pdf que está debaixo da fotografía

Volver