Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OS EMPRESARIOS DA CONSTRUCIÓN E OS SINDICATOS UGT E CC OO ASINAN UN POBRE ACORDO SOBRE A COMPENSACIÓN DE DÍAS E REVISIÓN SALARIAL NO SECTOR

16 Abr 2018

A CIG non asina ao non haber unha negociación real

O pasado luns 12 de abril a parte social, formada polos sindicatos UGT e CC OO e a patronal da construción ACO, chegaron a un acordo para axustar o calendario laboral do ano 2018 ás 1736 horas máximas indicadas no convenio. Pra isto, fixaron como non laborábeis os seguintes días: 12 de febreiro, 30 de abril, 18 de maio, 25 de xunho, 2 horas do 14 de agosto, 2 de novembro, 7,10, 24 e 31 de decembro. A CIG non asinou o mesmo por entender que os días en exceso deben desfrutarse no período estival. CC OO e UGT redéronse as pretensións empresariais sen negociación real.

Tamén chegaron ó acordo do incremento salarial para o 2017 no 1,9% e para o 2018 do 2%.

Volver