Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

AS PLATAFORMAS XUDICIAIS DE VERÍN E XINZO DE LIMIA COMEZAN AS SÚAS CAMPANHAS INFORMATIVAS

23 Mai 2014

A partires do día 26 de maio as Plataformas xudiciais intensificarán as súas accións

Tanto a Plataforma Xudicial de Xinzo de Limia, como a Plataforma Xudicial de Verín acordaron os pasados días, 21 e 22 de Maio, dar comezo, tras as eleccións do día 25 de maio, ás Campanhas desenhadas pra informar á cidadanía das consecuencias da supresión dos Partidos Xudiciais de Verín e Xinzo de Limia.

Estímase que a supresión dos 2 xulgados de Verín provocaría, entre outros, os seguintes prexuízos económicos:

* A perda, na vila de Verín, de mais de 8000 persoas cada ano, que terían que desprazarse a Ourense.

* A perda, na vila de Verín, duns 250.000 euros/ano, na hostalaría e no comercio.

* O gasto, polos cidadáns/ás da Comarca de Monterrei, de mais de 500.000 euros/ano en conceito de desprazamentos a Ourense, pra tramites civís e xudiciais.

Asemade, prevese que a supresión do xulgado de Xinzo de Limia provocaría, entre outros, os seguintes prexuízos económicos:

* A perda, na vila de Xinzo de Limia, de mais de 6000 persoas cada ano, que terían que desprazarse a Ourense.

* A perda, na vila de Xinzo de Limia, duns 190.000 euros/ano, na hostalaría e no comercio.

* O gasto, polos cidadáns/ás da Comarca da Limia, de mais de 380.000 euros/ano en conceito de desprazamentos a Ourense, pra tramites civís e xudiciais.

As campanhas informativas comporanse dos seguintes actos:

1.- Verín:

* Entre os días 26 e 28 de Maio os membros da Plataforma de Verín percorreran a vila de Verín, colocando mais de 1000 cartaces informativos e distribuíndo mais de 3000 panfletos entre a cidadanía.

* Distribuiranse entre a hostelaría e o comercio local, así como noutro tipo de estabelecimentos, folhas pra recolha de sinaturas, solicitando o mantemento do Partido xudicial de Verín.

* O día 27 de Maio colocaranse pancartas en defensa do Partido Xudicial de Verín, en todos os Concelhos da Comarca de Monterrei e na vila de Verín.

* Solicitarase autorización pra pendurar umha pancarta en defensa do Partido Xudicial no Edificio do Xulgado e na Casa do Concelho de Verín.

* A partires do día 26 de Maio estará operativo o blog informativo da Plataforma: http://defendemosopartidoxudicialdeverin.blogspot.com.es/

* O día 29 de Maio realizarse umha nova reunión da Plataforma pra organizar a Manifestación Comarcal do día 12 de xunho, dándose a conhecer novos actos informativos.

2.- Xinzo de Limia:

* O día 27 de Maio, na feira comarcal, os membros da Plataforma de Xinzo de Limia, colocarán umha mesa informativa na Praza do espolón e percorreran a vila de Xinzo de LImia, colocando mais de 1000 cartaces informativos e distribuíndo mais de 3000 panfletos entre a cidadanía.

* Distribuiranse entre a hostelaría e o comercio local, así como noutro tipo de estabelecimentos, folhas pra recolha de sinaturas, solicitando o mantemento do Partido xudicial de Xinzo de Limia.

* O día 27 de Maio colocaranse pancartas en defensa do Partido Xudicial de Xinzo de Limia, en todos os Concelhos da Comarca da Limia e na vila de Xinzo de Limia.

* Solicitarase autorización pra pendurar umha pancarta en defensa do Partido Xudicial no Edificio do Xulgado e na Casa do Concelho de Xinzo de Limia.

* O día 28 de Maio realizarse umha nova reunión da Plataforma pra avaliar a campanha informativa iniciada.

Volver