Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

APRESENTADA EN MUINHOS A ILP NA DEFENSA DO BOSQUE AUTÓCTONO

09 Abr 2018

Foi o pasado sábado 7 e incruíu a proxección do documental "AS NEVES ZONA 0"

O pasado venres 7 de abril a CIG, acompañada por Cousa de raíces, no marco da Alianza rural galega e convidada pola asociación Arnau e a cmvmc Corga de Barxes, realizou unha nova charla coloquio coa visualizacion da reportaxe documental "AS NEVES ZONA 0" de Adrián González. Cunha participación de máis de 50 persoas veciñas e veciños da comarca, destacar a sensibilidade de cara a restauracion das máis de 3000 has que arderon alí este outubro de 2017, e polo que estas asociacións están a facer repoboacións con frondosas autóctonas. O delegado da CIG Sanquei e Zeltia Burgos explicaron os efectos da eucaliptizacion de Galiza e a súa relación cos incendios forestais, a comisión de incendios e as políticas regresivas do goberno do PP. Tamén se acordou fixar o pub Gallaecia como punto de encontro para iniciativas, e recolha das sinaturas para a ILP en defensa do bosque autoctono e contra os incendios forestais.

Volver