Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

APRESENTACIÓN DA INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR NA DEFENSA DO BOSQUE AUTÓCTONO E CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS EN TRIVES

18 Abr 2018

Celebrarase o 20 de abril no bar Troula

O vindeiro venres 20 de abril en Trives a CIG organiza unha charla pola Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do bosque autocnono e contra os incendios forestais, como promotores desta ILP dentro da Alianza por un Rural Galego Vivo. Na presentación acompañaranos un representante de Cousa de Raíces.

Visualizarase o documental sobre a traxedia dos lumes do pasado 15 de outubro "As neves zona 0" de Adrián González, exporase a grave problemática que supón a eucaliptización da Galiza e os monocultivos forestais, e presentaremos as propostas desta ILP. Tamén se abrirá un debate con formato de charla-coloquio sobre as alternativas na comarca para evitar o abandono do rural e a sobreexplotación dos recursos naturais.

PARTICIPA!!!!

Volver