Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
1º Maio II República. Praza Mercé. Verín
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

AFILIADAS E AFILIADOS DA CIG DE VERIN E A LIMIA CELEBRAN O DÍA INTERNACIONAL DA CLASE TRABALHADORA

01 Mai 2014

Ao redor de 50 afiliados e afiliadas da CIG de Verín e A Limia desprazáronse a Ourense pra participar na Manifestación do 1º de Maio

Un grupo duns 50 afiliados e afiliadas da CIG de Verín e A Limia participaron na Manifestación do 1º de Maio na cidade de Ourense, conmemorando o día internacional da Clase Trabalhadora.

O 1º de Maio conforma umha xornada de loita reivindicativa da clase obreira mundial que se estabeleceu, por acordo do CONGRESO OBREIRO SOCIALISTA DA SEGUNDA INTERNACIONAL, celebrado en París en 1889, como homenaxe aos sindicalistas executados nos Estados Unidos pola súa participación nas folgas reivindicativas da xornada laboral de 8 horas, iniciadas o 1 de Maio de 1886.

Tanto en Verín, como en Xinzo de Limia, os chamados: Sindicato Unificado de Oficios Varios de Verín e Sindicato de Oficios Varios de Xinzo de Limia celebraron, en diversas ocasións, antes do levantamento fascista de xulho de 1936, o 1º de Maio. Especialmente fermosa e histórica é a foto que ilustra esta nova, da celebración do 1º de maio, durante a II República, na "Praza da República" de Verín, hoxe "Praza da Mercé".

Volver