Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

ADIADO O ACTO DE PROTESTA DO DÍA 20 NO CONCELLO DE VERÍN

13 Dec 2018

Comunicarase nova data da concentración ó remate das festas do nadal

Ao parecer a Convocatoria do Acto de Protesta contra a política de persoal do Concelho de Verín xa tivo os seus efectos. A Concelheira de Persoal seica anda anunciando, advertindo, a todo/as que aos/ás que secunden a protesta lhe han retirar do soldo do mes o tempo que dure o acto...Pois ben, isto non é mais que produto do "medo" que tenhen a que o persoal se unifique e se produza umha protesta importante de todos os trabalhadores/as..En todo caso, cando convoquemos a protesta imos convocala durante 15 minutos e así o desconto da nómina será de 15 minutos. É dicer, poderán descontar o 3,3% do salario de 1 día. Por exemplo, se unha persoa gaña 1000 euros ao mes, ao día ganha 33,33 euros. Con tais bases o desconto que podería practicar é de 1 euro e 10 céntimos.....Polo tanto o Concelho de Verín que desconte o que queira.

Por outra banda, seguramente xa vos avisaron de que nen o 20, nen o 21 podemos convocar o acto de protesta, dado que hai que darlhes un preaviso de mais de 10 días antes de facer o acto e non existe ise prazo para poder celebralo en tais datas....En consecuencia, os delegados/as de persoal acordamos adiar a protesta para despois dos reis...

 Comunicarémosvos a data que se elixa para facer este acto despois dos reis.

 ÁNIMO PORQUE ISTE É O MÉTODO PARA QUE NON PENSEN QUE DISCRIMINANDO AO PERSOAL O VAN DIVIDIR !!!!

Volver