Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

ACORDO NA MESA XERAL DO CONCELHO DE VERIN SOBRE INCREMENTOS RETRIBUTIVOS

19 Xul 2018

Acadáronse importantes acordos de melhora para o persoal laboral e funcionario

No día de hoxe celebramos a última mesa xeral de negociación relativa á aprobación dos Orzamentos para 2018 e alcanzáronse os seguintes acordos:

a) O Concelho de Verín subirá, tal e como prevé a Lei de Orzamentos do Estado, un 1,75% do salario de todos os trabalhadores e trabalhadoras (laborais e funcionarios/as), actualizando as nóminas durante o mes de Agosto.

b) O Concelho de Verín pagará os atrasos derivados do 1,75% (o 1,50% dende o 1/1/18 e o 0,25% dende o 1/7/18) antes do 30 de Outubro do 2018.

c) O Concelho de Verín incrementará o Capítulo de Gastos do Persoal do Orzamento para 2018 en 30.000 euros, destinados a incrementar os complementos retributivos do persoal laboral neste exercicio de 2018.

 d) O Concelho de Verín e as centrais sindicais pactaron un calendario de negociación que terá dous actos:

          1.- As centrais sindicais presentarán, con data límite do 14/09/18, a súa proposta de distribución dos 30.000 euros nos complementos a incrementar no salario do persoal laboral, así como as propostas de modificación da RPT para os funcionarios/as.

          2.- O día 17 de Setembro celebrarase umha xuntanza da Mesa Xeral para analizar e, no seu caso, aprobar as propostas de reparto dos 30.000 euros, así como as propostas de continuación do calendario negociador dirixidas a modificar a RPT do resto dos funcionarios/as.

e) As centrais sindicais: CIG, CSIF demos o voto favorábel aos Orzamentos para o 2018, condicionado a que neles se recolhan estes acordos. No caso contrario, o voto das centrais sindicais debe ser entendido como negativo.

Por outra banda, informamos que as accións xudiciais emprendidas polas CIG, relativas ao Complemento de Posto do Persoal Laboral, a transformación en indefinidos descontinuos de certos colectivos, ao reconhecimento da categoría profesional daqueles que na actualidade está a realizar funcións superiores e á execución da Sentenza pola que se obriga ao Concelho a abrir a RPT a todos os funcionarios/as se manterán e se ventilarán nos xulgados, pois, malia que a CIG propuxo negociar estes asuntos, o Concelho non aceptou preferindo que se pronuncien os Tribunais.

En conclusión, dende a CIG cremos que o Concelho ten a oportunidade de cumprir un acordo, por primeira vez en 3 anos. Está na súa mau manter un comportamento equitativo e xusto co persoal. Se tornan a incumprir, como pasou no 2016, a CIG impugnará os Orzamentos do Concelho para 2018 e, non só por falta de negociación, senón por incumprimento.

Volver