Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

ACÓRDASE A CONSTITUCIÓN DUMHA PLATAFORMA PRA DEFENSA DO PARTIDO XUDICIAL DE XINZO DE LIMIA

16 Abr 2014

A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolheu umha xuntanza de diversas organizacións na que se decidiu a constitución dumha Plataforma

O día 16 de Abril de 2014, convocados pola CIG, reuníronse no Salón de Actos da Cultura de Xinzo de Limia organizacións políticas, sociais e cidadáns/ás a título particular, con motivo de analizar as consecuencias que terá para comarca da Limia a aprobación do anteproxecto de lei do poder xudicial, polo que se prevé a supresión do partido xudicial de Xinzo de Limia e a súa integración no Tribunal único de Instrución de Ourense.

Compareceron ao acto representantes do BNG, de CxG, da CIG, do SLG e do Concelho de Vilar de Santos.

Tras a exposición dos obxectivos da iniciativa e un debate entre os presentes, alcanzáronse os seguintes ACORDOS:

1º.-Constituír umha Plataforma en defensa do Partido Xudicial de Xinzo de Limia

2º.-Realizar a 1ª Convocatoria da Plataforma, pro día 23 de Abril de 2014 (mércores), ás 20.00 horas, no Salón da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, coa seguinte orde do día:

a) Novas propostas de integración na Plataforma.

b) Propostas de campanha informativa á cidadanía sobre a supresión do Partido Xudicial.

3º.-Volver a convidar a participar na 1ª reunión da Plataforma ao resto dos Alcaldes da Comarca, aos representantes do PSOE, do Partido Popular e a todos os vicinhos/as que estean interesados/as.

A CIG avalía positivamente o resultado desta 1ª reunión, así como a decisión de constitución da Plataforma e espera que na próxima xuntanza se integren nela tanto o PSOE, como Partido Popular e o resto das institucións locais, dada a importancia que para a comarca ten o mantemento do Partido Xudicial, á marxe dos intereses partidarios que poida lexitimamente ten cada organización.

Volver