Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE PRAZAS EN ESCOLAS INFANTÍS

24 Feb 2016

Convócase o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís

Publícase no DOG de hoxe a Resolución do 18 de febreiro de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2016/2017.

O prazo para solicitar o ingreso remata o 25 de marzo

A resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2016/17.

Os requisitos imprescindibles para ser adxudicatario/a de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais serán:
a) Que o neno ou a nena teña a súa residencia en Galicia

b) Idade do neno ou da nena mínima de tres meses na data de ingreso e non ter feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2016. (Non obstante, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo.)

Volver