Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA O CURSO 2018 2019

23 Ago 2018

Deben solicitarse on-line a través da web do ministerio

Fica aberto o prazo para a presentación de solicitudes de becas pra estudos universitarios e non universitarios para o vindeiro curso 2018-2019.

As becas xerais para estudos non universitarios están dirixidas o estudantado que no curso 2017-2018 estén matriculad@s nalgún dos seguintes níveis:

  • Bacherel
  • Formación Profesional de Grao Medio e de Grado Superior
  • Ensino Artístico Profesional
  • Ensino Deportivo
  • Ensino Artístico superior
  • Estudos relixiosos superiores
  • Estudos militares superiores e de Grao
  • Ensino de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional Básica

As becas xerais para estudos universitarios diríxense a estudantado que no curso 2018-2019 estén matriculados nalgún dos seguintes níveis:

  • Ensino universitario adaptado ó Espazo Europeo de Educación Superior conducente a títulos oficiais de Grao e de Máster.
  • Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
  • Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao

O prazo remata o 1 de outubro para os estudos non universitarios e o 15 para os universitarios

Se queres solicitar a túa beca, podes facelo no seguinte enlace:

http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2018-2019/inicio.html

Volver