Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A XUNTA DE GALIZA PUBLICA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O 2016

08 Mar 2016

No mesmo DOG publicaron tamén a oferta de emprego correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes e de persoal estatutario do SERGAS

No DOG do 7 de marzo aparece publicada a Oferta de Emprego Público da Xuntan de Galiza para o ano 2016.

Esta Oferta fora aprobada na Comisión de Persoal co voto en contra das catro organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral de Empregados Públicos (CIG, CCOO, UGT e CSIF), e implicou o acordo de suspensión do artigo 9.4 do V Convenio Colectivo (acordo rexeitado por CIG e co voto favorable de CCOO, UGT e CSIF).

Para a CIG, estamos ante unha oferta insuficiente, que non chega para cubrir as vacantes, cunha promoción interna insatisfactoria (e nula nalgúns casos).

No mesmo DOG publicaron tamén a oferta de emprego correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes e de persoal estatutario do SERGAS.

Volver