Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A XUNTA DE GALIZA CONVOCA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE

28 Feb 2018

Fíxose público no DOG do 26 de febreiro

A consellaría de economía, emprego e industria fixo pública no DOG do 26 de febreiro a resolución do 16 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación.

Para a mellora da calidade na formación para o emprego, o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, que regula os certificados de profesionalidade, establece criterios de acceso do alumnado para garantir que se posúen as competencias clave para cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade que lles facilitarán a súa inserción laboral. Este real decreto modificouse mediante os reais decretos 1675/2010, do 10 de decembro, e 189/2013, do 15 de marzo, e posteriormente foi desenvolvido na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

Para adecuar a normativa autonómica á lexislación estatal publícase a Orde da Consellería de Traballo e Benestar, do 7 de xaneiro de 2014, pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Galiza.

Presentación de solicitudes e prazo

1. A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I da resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.

2. O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 23 de marzo de 2018.

3. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https.//sede.xunta.gal./chave365). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Pra ollar a resolución abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver