Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A WEB DA CIG DE VERIN E A LIMIA XA É .GAL

09 Xan 2015

Comezamos sendo .gl pra chegar ao noso destino: ser .gal

A web da CIG de Verín e A Limia, tras case un ano de funcionamento, torna a .gal. Iniciamos a nosa andaina apoiándonos no dominio .gl, porque ainda non dispunhamos da posibilidade de ter o noso proprio dominio, pra desembocar, agora si, no .gal.

Ter voz e presenza propria no mundo non só e garantía de respecto á nosa identidade, senón garantía de supervivencia económica e colectiva. As posibilidades que se xeran ao redor da lingua poden ser nengunhas, con visións acomplexadas, tipo Partido Popular, ou enormes, con visións intelixentes. 

Apostar polo noso non é mais que un xeito de estarmos no mundo e de participar en pé de igualdade con outras comunidades nacionais.

Volver