Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A Vidreira, violando o dereito de liberdade sindical e folga, négase a negociar unha solución para o conflito

25 Feb 2009

Comeza a quinta xornada de folga

Dende o prisma da legalidade é moi “complicado” comprender a negativa fraudulenta a negociar da Equipa de Dirección da Vidreira, posto que, como sinalan desde un comunicado do Comité de Folga desta empresa, s"implesmente, constitúe unha violación (mais) dos dereitos de liberdade sindical e folga dos traballadores, ao incumprirse o disposto no artigo 8.2 do RDL 17/1977 sobre Relacións de Traballo, que impón ás partes en conflito a obriga de negociar de boa fe a solución ao contencioso".

Engaden que "tan só se unimos a esta negativa, a anterior (xa denunciada), no que atinxe á contravención da obriga de destrución da produción, podemos intuír as reais intencións desta patronal: Negarse a destruír a produción, provoca que non existan perdas derivadas da folga e, xa que logo, que tampouco se xere a necesidade de negociar para solucionar o conflito laboral".

Presentarase demanda na xurisdicción social

Así as cousas, as dúas negativas unidas (destruír a produción e negociar), dan como resultado que , como subliña o Comité de Folga, "se estea a violar, por parte da Dirección Empresarial, os dereitos de folga e liberdade sindical; obrigando ao Comité de folga a demandar á Vidreira do Atlántico, perante a xurisdición social (posto que todos os acordos están pactados por escrito e, xa que logo, teñen valor de lei), para que sexa obrigada a destruír a produción e a negociar ou, subsidiariamente, a indemnizar aos traballadores e traballadoras co valor de tais producións que pode ascender, sumando esta 5ª quenda de folga, a 450.000 euros".

"Actitude demagóxica e impresentábel"

Avalian desde o Comité de folga que "mais, a que puramente debe ser cualificada como impresentábel, dende o prisma da ética, é a actitude demagóxica e falsa de tentar xustificar a negativa a arranxar o conflito na propia materialización da folga dos traballadores/as. Resulta “intragábel”, óllese por onde se olle, que, tras as múltiplas accións do Comité de Folga tentando o arranxo ao conflito, se diga que “El indudable interés de la empresa en alcanzar un acuerdo y en resolver satisfactoriamente el conflicto se ha visto tremendamente obstaculizados por esos perjuicios (a folga). Por ello no se posible a la empresa acceder a una propuesta de reunión en estos momentos”

Resposta dos traballadores: folgas e mobilizacións

 

A resposta dos traballadores a este tipo de accións, vai ser a que eles mesmos elixiron: rematarán as xornadas de folga previstas para os próximos 25 a 27; acudirán a Manifestación convocada para o 27 e, "por suposto, convocaremos tantas xornadas de folga como desexen soportar na Dirección empresarial. Iso sí, desta volta, acompañadas das oportunas reclamacións xudiciais por danos e prexuizos ocasionadas aos traballadores pola negativa a negociar e a negativa a destruír a produción".

Volver